Gonzalo

Profesor de violín

Ola! Chámome Gonzalo López Souto, teño 19 anos e levo dende os 4 tocando o violín, e este será o meu terceiro ano como profesor de violín da escola.
Vouvos contar un pouco da miña traxectoria musical.
Empecei estudando na academia Berenguela tres años, para despois continuar a miña carreira musical no Conservatorio Histórico de Santiago e rematar a
miña formación profesional no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela.
Participei en múltiples orquestras como a Orquestra 430 de Vigo ou a Orquestra Praeludium de Santiago. Ademais son voluntario musical da
asociación ASPAS, e o instrumentista e colaborador da Coral Cruceiro de Montes de Solláns. Por último, traballo como músico de distintos eventos como
bodas, bautizos ou comuñóns.
Para min a música é un mundo que necesita ser coñecido por todas e que todas temos que desfrutar ao máximo. ¿Que mellor forma de facelo que ensaiar violín xuntos? Así, ao mesmo tempo que nos relacionamos entre nós, traballamos a coordinación, o ouvido e aprendemos os fundamentos dun novo instrumento fermosísimo.
¡Espero vervos en clase pronto!

Celia

Profesora de piano

Son Celia Loureiro Novo, teño 26 anos e nacín en Santiago de Compostela.
Comecei moi noviña na música, cando meu pai pensou que cantaba ben e decidiu apuntarme a
clases de piano. Dende os 6 anos, estiven indo a clases no Conservatorio Histórico de Santiago,
onde rematei o Grao Profesional de Piano.
Na miña adolescencia descubrín o moitísimo que me gustaba cantar e comecei a participar en
diferentes coros. Actualmente algúns deles son o coro de cámara “Si vis me canere”, a Coral
Polifónica de Caldas de Reis, o grupo vocal feminino “Cantarelas” ou o coro da Asociación
Xuvenil “Coro Cocó”.
A día de hoxe continuo ca miña formación musical facendo o Grao de Musicoloxía e asistindo
regularmente a clases de piano e canto.
Imparto clases de música dende o ano 2017, tratando sempre de transmitir aos meus alumnos
a miña paixón pola música que nos acompaña sempre nos momentos máis importantes da
nosa vida.