En Entre Caixas non temos cursos por idades, adaptámonos ao nivel de cada alumna/o e tentamos compatibilizar horarios para que todas poidan formarse nas tres disciplinas, ainda que tamén se pode cursar cada unha delas por separado.
Con pequenos grupos, as nosas xanelas abertas e a natureza que nos rodea, abrimos tamén as portas para que todas teñades un lugar neste pequeno escenario cheo de caixas (bambalinas) onde todos os artistas queremos estar.
Temos zona de aparcamento gratuito!!